A historia que lle escribín a Romu

12.00

Subín ao faiado. Alí estaba a suceder a Historia que eu, como contista, ía relatar. Escribín a primeira frase e púxenme a decorar o erre que inauguraba a obra, sen advertir que a Historia seguía avanzando. Escoitei a voz dos seus diálogos cando se desenvolvía na habitación de Carmet. Tomei o meu caderno e corrín tras ela.

A noventa liñas de distancia, Carmet asomaba á xanela e descubría un mundo doutro século no xardín. Logo, saltaba desde o peitoril e instaba a Romu a seguila. Encantadoras criaturas, como Xan sen medo, esperábanas para emprender unha viaxe na procura do medo.

Era a primeira vez que Romu entraba nun conto e, xa no capítulo III, concluíu que o que alí pasaba non era moi normal. Comezou así unha extensa crítica acerca de non sei que alteracións das leis físicas, naturais e do sentido común, baseándose en que, segundo ela, os animais e os obxectos non falan, e as narradoras non poden coarse nos libros que escriben, e é imposible que Xan sen medo non saiba que é o medo e pregunte cal é o medio de transporte que utiliza… En fin, o que vén sendo un simpático e algareiro conto de fadas.

 

Si prefieres el libro en castellano, puedes comprarlo aquí.

 

Sin existencias

Categorías: , ,

Descripción

Tamaño A5. Tapa blanda.

En gallego.

Información adicional

Peso 0.200 kg
Dimensiones 15 × 21 × 1 cm

Valoraciones

No hay valoraciones aún.

Sé el primero en valorar “A historia que lle escribín a Romu”

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Ir al contenido